8/6/09

Dahl e Admunsen: dous homes chamados Roald



Roald Admunsen foi un famoso explorador noruegués que dirixiu a expedición que chegou por primeira vez ao Polo Sur. En 1928 pereceu nun accidente aéreo, cando tentaba atopar ao explorador italiano Umberto Nobile que se perdera no Ártico. Once anos (case doce) antes, unha familia norueguesa residente en Gales decidiu chamarlle Roald ao seu fillo na súa honra. E... si, este Roald nacido en Galés, piloto de aviación na Royal Air Force na Segunda Guerra Mundial e escritor é o famoso autor de Danny, o campión do mundo. E tamén é o mociño que soñaba no internado no que estudaba con inventar unha barra de chocolate...

Aquí tedes dous enlaces interesantes sobre o autor:

http://www.roalddahl.com/
http://www.iesxunqueira1.com/dahl/

Este é un podcast sobre unha expedición que tentaba atopar os restos do hidroavión de Roald Admunsen




27/5/09

Laura Gallego

Sabías en que ano naceu Laura Gallego? En 1977. Onde? En Quart de Poblet (Valencia). Cal é o seu libro favorito? La historia interminable de M. Ende...Se queres saber moito máis sobre ela, aquí tes o enderezo da súa páxina web.

20/5/09

Stephen Hawking

Stephen Hawking, autor xunto coa súa filla Lucy do libro La clave secreta del universo, visitou Santiago de Compostela. Aquí tes un video que lembra a súa visita

Lendo en maio

Non era sen tempo, diredes moitos cando vexades inaugurado o noso blog do club de lectura. E recoñecémolo, tedes toda a razón. Aínda que, quizais, algún ou algunha lembre aquela frase feita tan socorrida de “Máis vale tarde ca nunca”. En fin, este mes de maio non nos deixamos levar pola maiola e continuamos lendo. Os do 1º ciclo dedican o seu tempo a Galileo el astrónomo de Esteban Rodríguez Serrano, Danny o campión do mundo de Roald Dahl e Finis mundi de Laura Gallego. Os do 2ª ciclo len La clave secreta del universo de Lucy e Stephen Hawking, La hija del Ganges de Aisha Miró e Rúa Carbón de Marilar Aleixandre.